Páginas

miércoles, 27 de julio de 2016

Entrevista del periodista Luis Pousa, en EL CORREO GALLEGO, a Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna de la Universidad de Santiago de Compostela

                                      REVISTA DE PRENSA
                              Artículo recomendado
                           Protagonistas del cambio
                El Correo Gallego
                                                    27 de julio de 2016

OFELIA REY CASTELAO

CATEDRÁTICA DE HISTORIA MODERNA DA Universidade de Santiago de Compostela

“Galicia está á cabeza en porcentaxe de universitarias”



{ A Estrada. 1956} Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago (USC) e membro da Comisión Internacional de Demografía Histórica, é coautora da ‘Historia das mulleres en Galicia. Idade Moderna’



LUIS POUSA / SANTIAGO

O perfil da muller galega ten mudado ao ritmo dos cambios históricos da sociedade galega en canto que parte dela?

As mulleres, en calquer sociedade, teñen ido a ritmo máis lento cos homes. Pero o lugar das mulleres en cada sociedade non é igual: as galegas, como en xeral as mulleres no norte da península Ibérica, tiveron un maior protagonismo, nas familias e na economía agrícola e pesqueira, en razón da emigración masculina. Esto non se pode considerar un logro en si mesmo, é a constatación dunha realidade: elas tiveron que facerse con responsabilidades de todo tipo para que o sistema seguira funcionando. 


Portada del libro Historia de las mujeres en
Galicia
, de las profesoras Ofelia Rey Castelao
y Serrana Rial García.-
Editorial Nigratrea; 319 páginas; 2009

A caída da taxa de fecundidade hoxe pode considerarse en parte como unha reacción consciente da muller galega contra un sistema que non favorece  a igualdade de xénero de facto?
Non teño datos para responder con base científica a esta pregunta no que se refire á actualidade.  Si sei que a taxa de fecundidade en Galicia era xa unha das máis baixas de Europa no s.XVIII, como resultado duha idade de matrimonio moi alta, precisamente para evitar o crecemento da familia. Doutra banda, forma parte dunha actitude vital e mental na que ter moitos fillos non se consideraba un valor en sí mesmo; máis ben, un problema para o patrimonio familiar, polas sucesivas divisións da herdanza. Unha vez que nunha sociedade se asenta o de ter só un fillo ou dous, é difícil que se cambie de modelo.

A emigración da muller galega ten connotacións de loita pola autonomía persoal e a emancipación da súa familia?
Non é tan simple. A emigración, de homes e de mulleres, non ten máis obxectivo ao longo da historia que a procura de recursos, xa sexan materiais ou inmateriais. Penso que o elemento capital da movilidade é asegurar a subsistencia propia e familiar e, de ser posible, unha mellora das condicións de vida. A autonomía persoal e a emancipación, en todo caso, poden ser un resultado. 

A inserción da muller galega na cultura letrada é un feito ?
Si. A fins do século XIX, as galegas estaban entre as mulleres con taxa de analfabetismo máis alta, xunto con outras do norte peninsular; as andaluzas estaban moito máis alfabetizadas. Pola contra, os homes en Galicia tiñan un nivel bo de alfabetización. A necesidade do traballo das nenas nas casas foi a causa da escasa escolarización femenina. Pero afortunadamente esa diferencia ten dado a volta de forma tal que hoxe Galicia está á cabeza en porcentaxe de universitarias. Por certo, non no grao de Historia, no que case non hai mulleres.  

Como se explica o salto que se produce entre 1573 e 1772 na presenza de libros de historia na Universidade de Santiago?
A biblioteca da USC en 1573 era pequena e os libros acababan de comprarse ao cabildo catedralicio procedentes dun bispo. Eran na maioría de relixión. En 1772, a USC recibira os libros expropiados aos xesuítas  en 1767 e outros de diferentes doacións e procedencias, de forma que entraron moitos libros de historia  na biblioteca sin que a universidade fixera esforzo por compralos. 

Mujeres gallegas, a principios del siglo XX, espe-
rando a que los hombres regresen de la siega.
Foto del libro 
Historia de las mujeres en
Galicia
, de las profesoras Ofelia Rey Castelao
y Serrana Rial García.- 
Editorial Nigratrea; 319 páginas; 2009
 
A escasa producción de libros de historia en Galicia na Idade Moderna garda relación coa falta de imprentas? 
Para que haxa imprentas ten que haber compradores e impresos ou quen os financie, e iso era o que faltaba en Galicia: a taxa de analfabetismo era moi elevada e as clases acomodadas, pouco aficionadas á lectura. Os interesados en ter libros –bispos, coengos, mosteiros e conventos, profesionais liberais, algúns nobres e fidalgos– conseguíanos por medio de comerciantes que traían encargos de Salamanca ou Madrid. Non é un caso especial: todo o norte peninsular, incluido Portugal, tiña o mesmo comportamento. Por outra banda, a escasa producción de obras de historia carece de relación coa imprenta, salvo no custo de imprimir un libro de historia sin ter a garantía de que se ía a vender.  A imprenta é un negocio, non unha institución cultural.

Que papel xogan a Audiencia e as Xuntas do Reino na configuración histórica de Galicia?
Son as institucións fundamentais da Galicia moderna. A Real Audiencia foi o Tribunal Superior de Xustiza, ante o que os galegos  –e galegas– puideron recurrir as sentencias dos tribunais dos señores ou ir directamente sin pasar por estes. Por iso tiña boa imaxe entre as xentes do común.  As Xuntas do Reino, máis que a representación de Galicia, poden considerarse un foro de expresión das oligarquías urbanas, ao marxe dos intereses das xentes do común.

A figura de historiador na Idade Moderna está vencellada a Igrexa e a nobreza?
Na Idade Modena había cronistas, que non é o mesmo. Pero na medida en que os consideramos historiadores, eran os coengos das catedrais e os monxes e frades os millor situados para escribir textos da historia; xunto con algúns fidalgos, xuristas, militares e funcionarios, eran os únicos que tiñan certa preparación, tempo libre, documentos e arquivos e casas, e, sobre todo, tiñan intereses económicos, políticos e sociais que defender, para os que a historia –a súa forma de vela– era útil. 

Cal é o momento decisivo no cambio da “narrativa histórica” de Galicia?
Máis que “narrativa” debería falar de “discurso” ou “narración”. Por outra banda, a pregunta ten un  anacronismo, xa que o concepto de “narrativa” é moi recente; ningún cronista dos séculos modernos o entendería: todo o máis, a idea de Galicia como entidade histórica en si mesmo aparece nos autores xesuítas e nalgún comentarista ilustrado.Dando por válida a expresión, o cambio se produce no século XIX, máis tarde que noutros territorios como Cataluña, e dunha forma incompleta, xa que a historia non estaba contemplada no sistema educativo e fallaba, polo tanto, a base teórica e de método necesaria para construir o complexo entramado ideolóxico que debe constituir un discurso histórico común.


APUNTAMENTOS PARA UN DECÁLOGO

PLAN BOLOÑA “Un proxecto feito por políticos en  torno a u­nha idea boa, mal desenvolvido na normativa, mal aplicado e rexeitado por todos. Os resultados confirman os temores”
UNIVERSIDADE “O referente educativo do mundo occidental. Cumple unha función social chave, anque a sociedade non o vexa nin o recoñeza. A universidade pública, claro. A privada é sobre todo un negocio”
PROFESOR “A profesión máis estimulante. Non necesariamente vocacional: a vocación pode nacer do exercicio docente”
ALUMNO “A razón de ser das universidades. Imaxe de cambio social antes incluso de que se produza: son o noso relevo”
INVESTIGACIÓN “Unha das dúas funcións fundamentais das universidades públicas. A máis importante, xa que nos da a oportunidade de crear algo, por pouco que sexa. É o que nutre á docencia de innovación e de novidades”
DOCENCIA “É a función que fixo nacer as universidades. Un bo investigador non é sempre un bo docente; hai que ter capacidade de síntesis e de comunicación”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.