sábado, 7 de septiembre de 2013

A Coruña, unha cidade xunto ó mar de Galicia coa súa particular "Estatua da Liberdade": A bimilenaria "Torre de Hércules"

Visita á cidade da Coruña durante as festas de María Pita no mes de Agosto

Luis Negro Marco / Santiago de Compostela

 
Torre de Hércules, faro romano declarado Patrimonio da
Humanidade pola UNESCO
.- Foto: Luis Negro Marco
Dicir
Coruña é falar da Torre de Hércules, o faro romano máis antiguo do mundo aún en funcionamento, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Pero Coruña é tamén sinónimo do Dépor, iste ano abonado a Segunda División, como o seu equipo ribal, o Zaragoza
e ixo a pesares de que no Depor xugó Lafita, o dianteiro aragonés. Así que nestos tres últimos anos, o Dépor e o Zaragoza estiveron loitando os dous cada ano por ver quén delos salvaba a categoría. Era visto que os dous andan mal de cartos, e os dous "baixaron ó inferno da Segunda División", anque o Dépor do galego Vázquez va moito mellor na tabla que o Zaragoza de Herrera. Pero en Galicia, cando algo va mal, non faltan os rumorosos que din: "Isto é peor que o desastre do Prestige e o Depor de Lotina xuntos" (cabe lembrar que có adestrador Lotina, o Dépor baixó hai dous anos a Segunda División).
Estatua de María Pita, na plaza do seu nome
xunto ó concello da cidade coruñesa.

Foto: Luis Negro Marco
 Pero deixando aparte o fútbol, pódese decir que Coruña é a cidade máis cosmopolita de Galicia, de fama histórica pola súa loita contra os ingleses, (nunha de cuyas batallas destacaou o valor da coruñesa María Pita -la "Agustina de Aragón" gallega-, e despois, durante a Guerra da Independencia, contra o exército de Napoleón (o general inglés sir John Moore, morto na batalla de Elviña en 1809, ten o seu cadaleito na cidade herculina, e o grupo de recreación histórica coruñes -os "Green Jackets"- rememoran cada ano, a finales de Agosto, como acontecéu a batalla preto do mar e da mítica torre de Hércules).
 Coruña ben vale unha viaxe, o dous, o as que a cada quén lle pete; alí pódese atopar cultura, arte, plaia (a de Orzán, preto de Riazor, o campo de fútbol do Dépor), tranquilidade, e boa gastronomía. Por certo, recomendamos para comer o restaurante "Alcume", na rúa Galeras, no Casco Vello da cidade, moi cerca da plaza de María Pita. "O Alcume" é un restaurante familiar, cunha moi boa atención, e cómese un
Cartel anunciador das xornadas anuáis "Viñetas
desde o Atlántico". Dedicadas ó Cómic cele-
branse desde fai anos na Coruña
.- Fot: Luis Negro
churrasco insuperable, con patacas, e bo vino. E a relación prezo calidade, é pefecta. Por exemplo, un plato de churrasco con chourizos criollos, patacas, bebida e postre, por nove euros. Ixo sí que é "
Galicia Calidade". Pois xa sabedes, para os larpeiros e quenes gustan do bon xantar, "Restaurante O Alcume", na rúa de Galeras, na cidade da Coruña.

 Unha das actividades culturáis mais coñecidas dende fai anos na Coruña é o festival "Viñetas desde o Atlántico": Unha mostra cinematográfica e literaria na que se fai un percorrido sobre os Cómics máis interesantes no panorama mundial do momento, e a súa influencia na Literatura e o Cine. Dende Supermán ata os chapuceiros axentes secretos hispanos máis coñecidos: "Moortadelo y Filemón". Ademáis, para conmemorar a celebración do anual festival coruñés "Viñetas desde o Atlántico", durante a sua celebración, colócanse por toda a cidade, reproduccións a tamaño natural de persoaxes do Cómic. Así que si andamos por Coruña durante estas
Muñeco de Spiderman trepando enriba do
Obelisco situado na rúa coruñesa de "Cantón
Grande"
.- Foto: Luis Negro Marco
datas do mes de Agosto, de seguro que vámonos  atopar con "
Astérix y Obelix", na plaza do Concello, ou con "Batman" escalando o Obelisco situado na rúa do Cantón Grande, ou con Lucky Luck montado sobre o seu cabalo branco, e tamén con Jocker, o con  "O Capitán Trueno", e moitos máis perxoases de ficción achegados nestos días desde o seu mundo particular.

 Outra das actividades das festas coruñesas de "María Pita" son as casetas que se poñen ó longo do parque, xunto ao porto; casetas de libros, gastronomía e artesanía de Galicia. E tamén casetas onde as distintas Casas Rexionáis, ó todo longo do mes de Agosto, expoñen os seus productos tradicionáis, a súa artesanía, o seu folklore e a súa música. En fin, una festa dedicada á diversidade e ó cosmopolitismo, onde se ve, certamente que a verdadera identidade non pode ser allea o coñecemento das outras culturas, porque somos o que somos máis o que coñecemos e o que aprendemos; e se non aprendemos, non somos nada ni naide.
 En fin, que paseando por a feira das casetas, fai dúas
Manolo Gómez, director do primer filme d´animación español
titulado "O Bosque Animado". estreará próximamente nos
Estados Unidos a súa  nova película d´animación: "Holy Night"
Foto: Luis Negro Marco
semanas, coñecimos cousas e xente moi interesante. Por exemplo, quén nos iba decir a nos que íbamos coñecer a
Manolo Gómez, o director da primeira película española de animación:"O Bosque Animado". Él traballa tamén na promoción da cerámica "Regal" (Viveiro -Lugo-) unha zona onde hay moita arcilla e caolín e por tanto moita producción cerámica, sendo a de "Sargadelos" a más coñecida en España, pero en Galicia hay tamén outros centros cerámicos de importancia, como Gundivos (na Ribeira Sacra lucense), especializada na elaboración de cerámica negra recuberta de peixe); e tamén é moi coñecido a alfarería coruñesa da localidade de Buño, que fai cerámica de cociña, pero tamén máscaras, y figuras decorativas de impecable factura; sen esquecer a cerámica de Oleiros (A Coruña), cuyo nombre viene, precisamente do obxecto cerámico que elaboran artesanalmente: as ollas
Peza cerámica, d´inspiración Picassiana do
artista viveirense (Lugo)  Otero Regal.

Foto: Luis Negro Marco

 Pero volvendo a "Regal cerámica", o polifacético Manolo Gómez, cóntanos a influencia artística do noso famoso pintor hispano, mondialmente coñedico, Pablo Picasso (1881-1973) na nova proposta cerámica do artista cerámico viveirense, Otero Regal, que tenta de conxugar gastronomía e arte, facendo liñas de botellas en gres, e outros envases para conter licores (viños, e oruxo) e aceite de calidade elaborados en Galicia. Una linha "artístico-gourmet" ideal para facer regalos, e obsequiar a quen queres coa delizadeza e belleza do arte en estado puro.
 Despedímonos de Manolo Gómez, que antes nos fai partícipes dunha exclusiva: O estreno da sua nova película de animación: "Holy night" que achegará ás pantallos dos Estados Unidos para Navidad;¿Tamén a veremos aquí en España? -preguntámoslle-. responde que seguramente sí, pero todo dependerá das distribuidoras españolas. Desexámoslle moita suerte.
E continuamos o noso percorrido polas casetas en busca de máis novas. En efecto, pronto chega una grata
Detalle da caixiña con pequenas "Tartas celtas galegas", feitas
con noces, mel e castañas (as patacas galegas
).-Foto: Luis Negro
sorpresa da mano da tradición celta, de maneira que nesta caseta no fan "Tarta de Santiago", sino "
Tarta Celta", feita a base de mel, noces e castañas, sustituindo ístas ás amendras da típica Tarta de Santiago. Así que para a próxima festa do Magosto, no mes de Novembre, non solo hay que fartarse de comer castañas, tamén tarta celta que trae castañas dabondo, recollidos dos castiñeiriños que poblan toda a xeografía de Galicia. Na misma caseta atopamos outra larpeirada: "A vieira peregrina do Camiño", envolta como se foran as patacas dun Mc Donalds, porque non hay como aunar tradición e modernidade, e non hay que facer remilgos ni reproches a quen opta ¿por qué non?
Dúo de pastéis con envoltorio estilo "Mac Donalds", para os
camiñantes: "Peregrina do Camiño".- Foto: Luis Negro
Cambiar lo vino pola Coca-Cola diante dun plato de "
Pulpo á Feira". Seguimos cós productos da terra  e atopamos cunha caseta onde se vende "Queixo do Peregrino" curado en cebada e feito en Xanceda (A Coruña) cun sabor especial a cereal, moi bó.

 Coa barriga xa chea, cambiamos as casetas lamomceiras polas das artes tradicionáis, e chegamos a un posto onde se vende marroquinería; os obxetos cheiran a pel de curtidoría.  Parécenos ben mercar un cinturonciño de coiro, e mesmo unhas albarcas para caminar e facer o Camiño, sabe Deus cando... Non mercamos máis, pero a nosa vista alégrase coa hermosura de
Queixo peregrino curado en cebada. O Camiño, o Peregrino,
e o Celtismo, estereotipos e reclamos publicitarios de Galicia

Foto: Luis Negro 
pendentes, e xoias artesanáis, feitas a man, feitiñas e moi axeitadas para os máis tenros gustos de quen ama a belleza sinxela, humilde e sen alardes de diñeiros e alharacas.

 E despois de tan grato percorrido, nos achegamos ata a Torre de Hércules; aquí no ano 1992 embarrancou o barco "Mar Egeo"; foi a primeira catástrofe petrolífera de Galicia, antes da o "Prestige". O mar ardeu, e o fume, negro como o demo, cubrió toda a cidade de Coruña. Pero gracias a Deus, hoxe non queda ni rastro daquela catástrofe e o mar vove a estar limpo e azul como os fermosos ollos da pequena Azzurra. Paseamos pola ribeira do mar. Todo está en calma deste lindo atardecer do mes de Agosto. E de súpeto, vimos alá lonxe aquel negro fume
Fume d´un lume, visto desde a coruñesa Torre de Hércules,
o día 1 de Setembro. O cheiro achegábase ata a mesma cidade.

Foto: Luis Negro Marco
arrastrado polo vento ata a cidades. Un lume máis dos dous mil que este ano han asolado Galicia.
Galicia cheira a fume e non o merexe. Tanta fermosura natural non merexe morrer a mans duns desalmados que prenden lume nos montes, arriscando vidas, matando animáis e tamén o futuro da nosa terra. 

 Rematamos a nosa visita a Coruña, coa choiva que comeza a caer ("Saca o paraugas, Carmiña, que chove" -escoitamos dicir a un home á súa muller) cunha sensación agridulce: Felices por canto vimos, e polas personas que coñecimos, e tristes polos fumes dos montes e a
Vista d´un cruceiro saíndo do porto da Coruño, cós seus centos
de turistas, rumbo ós Estados Unidos. Cada ano achegan ata Coruña
ducias de cruceiros que supoñen unha importante fonte de ingresos
para a cidade herculina
.- Foto: Luis Negro Marco
constatación do grave dano que os mesmos causan na Natureza, é dicir, en Nós. Pero o futuro é noso e ninguén pódenolo arrrebatar. Seguimos, pois, adiante, na confianza que como sempre, todo va sair ben, é todo está ben, porque como alguén sempre di: 
"We are sourrended by beauty". 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.