Imaxen de San Francisco de Sales na igrexa da Faculdade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC).- Foto: Luis Negro |
OS XORNALISTAS HONRARON
O SEU PATRON CUN ACTO FÚNEBRE E SOLIDARIO EN MEMORIA DOS MEDIOS DESAPARECIDOS E
DOS XORNALISTAS EN PARO
Posteriormente celebraron co Ateneo de Santiago un acto cultural na
lembranza do sobranceiro xornalista compostelano Alfredo Vicenti
Na celebración de San Francisco de Sales (24 de xaneiro) Patrón dos
Xornalistas, un grupo de asociados da
APSC (Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela-FAPE) reuníuse
diante da talla do Santo ubicada na igrexa da Universidade para depositar unha
coroa fúnebre en memoria dos “medios
mortos e desaparecidos durante a crise”.
O acto servíu de
homenaxe á aportación o xornalismo durante décadas de medios como A Nosa Terra, Galicia Hoxe, Xornal de
Galicia, V Televisión, Vieiros e outros medios non galegos
como a revista Interviú ou o semanario Tiempo, todos elas portadas xa
inexistentes, coa conseguinte perda de postos de traballo. No transcurso da
cerimonia, o presidente da APSC, Luís
Menéndez, leeu unha “Letanía e Invocación” ao Santo na que criticou a
utilización espúrea do xornalismo e dos xornalistas e elevou pregarias “para que os xornalistas volvan ser libres, responsables e
independentes nunha sociedad desenvolvida, aberta e madura”. O acto foi
apoiado tamén polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).
Los periodistas compostelanos depositaron una corona
fúnebre ante San Francisco de Sales, en memoria de los medios desaparecidos y
los periodistas en paro
|
Posteriormente,
en colaboración co Ateneo de Santiago,
a APSC participou nun “Faladoiro” na sede do Ateneo compostelán arredor da
figura do sobranceiro xornalista e médico compostelán Alfredo Vicenti (1850-1916), director do “Diario de Santiago” e
promotor da Asociación da Prensa de
Madrid (APM). No acto participaron, amais de directivos do Ateneo, os
xornalistas Benxamín Vázquez e Vicente González quens deron conta do
gran exemplo e valor profesional do ilustre devanceiro, perseguido na súa
época, e salientaron a gran biografía realizada por Baldomero Cores, falecido
hai uns anos. A APM enviou senllas mensaxes de adhesión asinadas pola súa
presidenta, Victoria Prego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.